Kali

Kali.

Editorial:
IR INDO
Año de edición:
Materia
Infantiles, juveniles y didacticos
ISBN:
978-84-7680-642-5
Páginas:
64
Colección:
ELEFANTE CONTACONTOS
10,00 €
IVA incluido
Pedido a proveedor

Nunha mestura fantástica de mito e realidade desenvólvese esta historia chea de misterio e intriga. Nela cóntase o que lle pasou a Kali, unha nena xitana. A partir da vida dos seus antepasados móstranse os costumes deste pobo desde a súa aparición na Europa do século XV ata os nosos días. Paios e xitanos aprenden a importancia de protexer as tradicións para que pasen de pais a fillos, como base da supervivencia dun pobo, sen esquecer que as novas xeracións deben adaptarse tamén aos novos tempos. Inténtase a través desta historia que os nenos rexeiten calquera tipo de discriminación aprendéndolles que todas as culturas poden convivir, sen imposicións, respectándose mutuamente, aportando de cada unha delas o máis rico, para mellorar unha sociedade na que todos temos cabida. Grazas ao esforzo e o tesón de Kali e coa axuda dos seus amigos paios Sara e Sebastián, despois de moitas peripecias conseguen salvar a súa familia e a súa xente. Neste relato, paios e xitanos colaboran xuntos nunha empresa común e sen a participación de todos non se podería chegar a unha boa fin.